BEA SAA
(Santiago de Compostela, 1986)
Formada en Belas Artes na Universidade de Vigo, realiza estudos posteriormente na USC e na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo.
Premiada en numerosos certames de artes plásticas: Premio no VI Certamen Nacional de Pintura Entre Valles; a Beca Inernacional de Arte Opovo 012 (Serbia); Premio Concello de Cangas en Arte no Morrazo 2011 e o Primeiro Premio nos Novos Valores Galegos GzCrea 2009.
Membro co-fundador do Colectivo Artístico 20 65, e co-directora da galería A.dFuga en Santiago de Compostela. Entre as súas últimas exposicións cabe destacar: o Circuíto de Creatividade 2011, organizado pola Xunta de Galicia; Palavras, no CMI El Coto de Gijón e Camiños en feminino, da Fundación Camiño de Santiago, entre outras. Actualmente forma parte da mostra inaugural da galería About Art en Pontevedra.
Amizade. 2009 Acrílico sobre papel |
Fragmento interior. 2010 Acrílico sobre papel |
Luz guía. 2010 Acrílico sobre papel |
Muro gretado. 2010 Acrílico sobre papel |
Camiño árido. 2010 Acrílico sobre papel |
Tras 32.782 días. 2010 Acrílico sobre papel |
Rienda. 2012 Técnica mixta sobre papel |