Begoña Mumary

BEGOÑA MUMARY
(Pontevedra, 1985)

Graduada en Belas Artes na Facultade de Pontevedra con Traballo de Fin de Máster en Fotografía.
No ano 2010 obtivo o primeiro premio do VII Certame de Fotografía da Universidade de Vigo, e parte do seu traballo foi publicado na sección Inédito, de A Nosa Terra. Actualmente combina o seu Mestrado cunha bolsa de traballo no Departamento de Fotografía da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e forma parte da exposición inaugural da galería About Art da mesma cidade.

S/t. Serie Gárgolas. 2010
Fotografía analóxica en B/N sobre papel baritado

Mulleres que van ser observadas. Observadas na distancia.
Esta distancia vén imposta pola colocación dos seus corpos nunhas peañas ou altares que as separan do mundo, converténdoas en pezas escultóricas, pétreas, inmobles, obxectuais e polo tanto afastadas.
Elas constrúen os seus propios altares, creando as barreiras que as separan do resto da sociedade a través do illamento sensorial (vista) e físico (peaña). A postura remite á posición das gárgolas, protectoras das súas propias construcións, das súas vidas, dispostas a atacar a quen se achegue demasiado.
(Posición de animal en ataque, actitude defensiva).