PAULOVA
(Lugo, 1983)
Licenciada en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra (Universidade de Vigo).
Tras conseguir no ano 2008 o I premio de Graffiti do Concello de Avilés, Asturias, Paulova participa en varios proxectos artísticos, soa ou co seu compañeiro artístico Manu Mimé no grupo De Botero a Bo Derek. Pasou por espazos como o Museo Ramón María Aller, Lalín, Pontevedra; a XXXI Bienal de Pontevedra, Kaldarte 2010, Caldas de Reis, Pontevedra; Alg-a Lab, Vigo; Centro Torrente Ballester, Ferrol, Coruña e IKAS ART 2010, Bilbao, entre outros. Actualmente expón a súa obra na mostra inaugural da galería About Art en Pontevedra e colabora con Branca Novoneyra no proxecto Arte en tránsito nas escolas, cunha intervención artística no Colexio Público de Chancelas (Combarro, Poio, Pontevedra), nun proxecto do colectivo Arte en Tránsito.
“Labores Marcianas” é un proxecto pictórico en continuo proceso, baseado en imaxes extraídas de tapices propios dos labores do fogar. Son imaxes costumistas e irreais de estampas insubstanciais típicas dos salóns das casas españolas durante os anos 50.
Así introdúcense elementos marcianos que non fan máis que constatar a existencia dun ambiente anódino e “casposo” onde os personaxes e obxectos conviven dun modo frívolo.
Así introdúcense elementos marcianos que non fan máis que constatar a existencia dun ambiente anódino e “casposo” onde os personaxes e obxectos conviven dun modo frívolo.
Doncela con cántaro. 2011 Óleo sobre papel |
Frío inverno. 2012 Óleo sobre papel |
Damas de primavera. 2012 Óleo sobre papel |
O baño. 2012 Óleo sobre papel |
A voda. 2012 Óleo sobre papel |