Alejandra Sampedro

ALEJANDRA SAMPEDRO
(Valencia, 1988)

Transcorre a súa formación entre Barcelona, San Sebastián, Irlanda e Vigo, na Uvigo remata o grao en Belas Artes no ano 2011, cando a súa obra “Autómata” é seleccionada para o certame Novos Valores, no Museo de Pontevedra. Neste últmo ano, expón na galería Sargadelos de Pontevedra, na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura de Vigo e na exposición inaugural da galería About Art, en Pontevedra.



Salomé. 2011
Técnica mixta

Busto. 2012
Técnica mixta

Cromofilia.2012
Técnica mixta

Cromofobia. 2012
Técnica mixta


Carne. 2012
Técnica mixta

A miña obra, a miúdo, reflicte certos medos atávicos propios do ser humano, relacionados, en certo modo, cos problemas da sociedade actual. Con iso pretendo que o espectador reflexione sobre o que o aterra realmente dentro do seu subconsciente e por que aquilo o leva a deixar de facer algo ou ben a actuar dunha ou doutra forma.  A exposición pode traducirse nunha idea global de escenografía que remite a un mundo onírico propio dun estado de sono.

Interésame a idea de crear un espazo singular no que o espectador se sinta incómodo e fóra de lugar. As pezas en xeral son corpos, teñen a ollada perdida e á vez parecen conxelados nun tempo concreto. Como se dun momento a outro fosen espertar e atacar o espectador. 

Tamén existen certos subtemas como son a idea de obsesión e de reconstrución do deterioro a xeito de supervivencia.

Gústame pensar no obxecto como unha prolongación do suxeito que ten o poder de falar del mesmo e de axudar a dito suxeito a redescubrirse a si mesmo.
 

Son daquelas persoas que aínda cren na individualidade do artista.



S/t. 2009
Fotografía dixital

S/t. Serie Autorretrato. 2009
Fotografía dixital

S/t. 2007
Fotografía dixital

S/t. 2007
Fotografía dixital