Verónica Vicente

VERÓNICA VICENTE
(Tomiño, Pontevedra, 1988)

Formada entre a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a EFTI de Madrid e a École Supérieure des Beaux – Arts, en Angers, Francia. Realizou talleres xunto a Peter Bialobrzeski, Olaf Martens, Ciuco Gutiérrez, Miguel Oriola, Chema Madoz, Eugenio Ampudia, Alejandro Castellote, Jesús Micó, Santiago B. Olmo e Matt Siber.
No ano 2011 obtivo o Premio Novos Valores, outorgado polo Museo de Pontevedra e foi seleccionada no X Certamen de Artes Plásticas da Deputación de Ourense. No mesmo ano expón no Círculo de Bellas Artes de Madrid e en Photoespaña 2011.




Unha estratexia da aparencia. 2011
Vídeo HD. 6´14”



 Camiño entre a multitude e desaparezo baixo o anonimato, son alguén máis.
Camiño entre un continuo tránsito de horarios de oficina, olladas perdidas e ignorados itinerarios de formigas en cadea.
Párome, o tránsito continúa. Sitúome e desaparezo entre o gris formigón, camúflome.
Trátase dunha estratexia de aparencia ou quizais unha forma de facerse ver, de querer chamar a atención nunha cidade homoxénea, nunha sociedade teledirixida.



PERFORMANCE INAUGURAL.