Bea Saa

BEA SAA
(Santiago de Compostela, 1986)

Formada en Belas Artes na Universidade de Vigo, realiza estudos posteriormente na USC e na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo.
Premiada en numerosos certames de artes plásticas: Premio no VI Certamen Nacional de Pintura Entre Valles; a Beca Inernacional de Arte Opovo 012 (Serbia); Premio Concello de Cangas en Arte no Morrazo 2011 e o Primeiro Premio nos Novos Valores Galegos GzCrea 2009.
Membro co-fundador do Colectivo Artístico 20 65, e co-directora da galería A.dFuga en Santiago de Compostela. Entre as súas últimas exposicións cabe destacar: o Circuíto de Creatividade 2011, organizado pola Xunta de Galicia; Palavras, no CMI El Coto de Gijón e Camiños en feminino, da Fundación Camiño de Santiago, entre outras. Actualmente forma parte da mostra inaugural da galería About Art en Pontevedra.

Amizade. 2009
Acrílico sobre papel

Fragmento interior. 2010
Acrílico sobre papel

Luz guía. 2010
Acrílico sobre papel

Muro gretado. 2010
Acrílico sobre papel

Camiño árido. 2010
Acrílico sobre papel

Tras 32.782 días. 2010
Acrílico sobre papel

Rienda. 2012
Técnica mixta sobre papel
Vocablos. 2012
Acrílico sobre papel



A partir dun “material” intento construír poéticas visuais que son, á fin e ao cabo, reflexos do que me conforma e do que son como ser humano, e máis especificamente como muller.
A identidade, a construción do individuo, a subxectividade, a dor física xerada por unha dor psicolóxica, o dramático, o abxecto e o traumático (en relación coas teorías de Lacan), o corpo e o rostro como máscaras e roles, os “veos”, o privado, o feminino… son aspectos que mostran a esencia da “miña existencia”, utilízoos para crear e son a base de todas as miñas obras.

(…) Acentúo a miña posición, a miña “figura”... e por iso é a miña persoa o centro sobre o que xira todo o meu traballo. E é o meu sentimento o medio a través do cal expreso o meu facer / que non o meu comprender.