Gema López

GEMA LÓPEZ
(Lugo, 1987)

Formada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, recibiu no 2010 o 1º Premio de Pintura Universidade de Vigo e foi seleccionada en certames como o Concurso Nacional de Pintura Jaurena Art, Hospitalet (2006), o Certame Galego de Creadores Novos GzCrea (2008-09) e o Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2011, entre outros.
Co-fundadora do colectivo Diorama desde 2008, expuxo nos últimos anos a súa obra en diferentes mostras, individuais e colectivas, en lugares como a Académie Royale des Beaux-Arts, Liège, Bélgica; Fundación RAC, Pontevedra; SALA X, Facultade de Belas Artes, Pontevedra; Fundación CIEC, Betanzos, Pontevedra; Diputación Provincial de Lugo.
 



Somatización #2. 2009
Óleo sobre táboa

Política de sustitución. 2010
Óleo sobre lenzo


Exteriorización. 2010
Óleo sobre lenzo

Asana. 2012
Óleo sobre táboa



A noite é tamén un sol. 2011
Óleo sobre lenzo


Comigo. 2009
Óleo e arame sobre tecido

O sol está na miña casa. 2011
Óleo sobre lenzo


Cadenas latentes. 2009
Fotopolímero e tinta sobre papel xaponés

Introspección. 2008
Tinta chinesa e acuarela sobre papel

Efectos colaterales. 2012
Óleo sobre táboa


Fragmentos de intimidade. Unha intimidade que se torna descuberta polo simple feito de expoñerse, abrirse, ensinarse. Cada unha delas fai un intento de escapar e, á vez, quedarse nun espazo inconcluso, etéreo e onírico.

Unha soidade inherente ao ser humano con axuda dese baleiro que arrodea a figura, empequenecéndoa en relación co seu contorno. A loita entre a contención e o desbordamento interiores invítannos a reflexionar sobre o concepto de naturalidade e como se foi modificando ao longo do tempo, cando as aparencias e as expectativas se coan no cotián máis mundano facéndose eco.

Representacións da muller para reflectir ese peso trasxeracional pretendendo, así, chegar á identificación co espectador.


 Dor


In between #1. 2009
Vídeo DV-PAL 08´01”

 Unha performance.
A columna transfórmase en “recipiente de emocións”.
When I said it was true
When I said I was true
 Bipolaridade, tripolaridade, loucura…


In between #2. 2009
Vídeo DV-PAL 11´44”

o “recipiente de emocións” é un espello
Confrontación interna. Aquí a bipolaridade faise máis evidente
e entran en xogo outros conceptos como a identidade,
a aceptación dun mesmo e a despersonalización.

Reconcomendo. 2009
Vídeo DV-PAL 2´11”

Trastornos de ansiedade. Mecanismos de alivio do estrés: a comida.
Autoagresión, ferramenta de canalización de emocións que utilizan
algunhas persoas para mitigar a súa dor emocional, converténdoa en física.
Elimínase unha sensación mediante a superposición doutra. 


Rumiando. 2009
Vídeo DV-PAL 4´47”

O termo rumiar, a priori vinculado ao proceso de dixestión repetitivo das vacas,
úsase en psiquiatría para referirse por analoxía ao pensamento de maneira reiterada e obsesiva
sobre a mesma cuestión. As compulsións ou rituais compulsivos consisten en condutas manifestas
ou en actos mentais de carácter repetitivo e estereotipado
destinados a reducir o malestar xerado polas obsesións.