María Maquieira

MARÍA MAQUIEIRA
(Sada, Coruña, 1985)

Despois de formarse en Historia da Arte na USC e frecuentar a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, marcha a Roma becada pola Deputación da Coruña a cursar estudos de Pintura na Libera Accademia di Belle Arti di Roma (RUFA), cidade onde reside na actualidade.
Expón a súa obra desde o 2011 no Museo de Pontevedra (Cer. Novos Valores); Galería Sargadelos, Pontevedra; Accademia di Moda e Costume en la Iglesia Santo Spirito in Sassia, Roma, Italia; Libera Accademia di Belle Arti di Roma, Italia e na exposición inaugural da Galería About Art, en Pontevedra.






Serie Poemas (detalle). 2011
Bolígrafo negro e lapis sobre papel
páxinas do libro de poemas
Hojas de sombra de Luis Maquieira-








Serie Acuarelas realizadas sobre postais (detalle).2012
Acuarela e bolígrafo sobre papel



Todos os meus debuxos, traballos, están relacionados coa miña propia vida; son unha especie de diario persoal. Cada un, cada serie, está contextualizada dentro das miñas propias experiencias e momentos vitais, mesturo o meu presente con recordos, co meu pasado...


Desde sempre tiven a necesidade de expresarme de forma escrita, a literatura, a poesía, son para min medios de expresión necesarios, o mesmo que a súa lectura e interiorización (…)


Gústame traballar coa espontaneidade, coa proba, co ensaio, co experimento