ALEJANDRA SAMPEDRO
(Valencia, 1988)
Transcorre a súa formación entre Barcelona, San Sebastián, Irlanda e Vigo, na Uvigo remata o grao en Belas Artes no ano 2011, cando a súa obra “Autómata” é seleccionada para o certame Novos Valores, no Museo de Pontevedra. Neste últmo ano, expón na galería Sargadelos de Pontevedra, na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura de Vigo e na exposición inaugural da galería About Art, en Pontevedra.
Salomé. 2011
Técnica mixta
Busto. 2012 Técnica mixta |
Cromofilia.2012 Técnica mixta |
Cromofobia. 2012 Técnica mixta |
Carne. 2012 Técnica mixta |
Interésame a idea de crear un espazo singular no que o espectador se sinta incómodo e fóra de lugar. As pezas en xeral son corpos, teñen a ollada perdida e á vez parecen conxelados nun tempo concreto. Como se dun momento a outro fosen espertar e atacar o espectador.
Tamén existen certos subtemas como son a idea de obsesión e de reconstrución do deterioro a xeito de supervivencia.
Gústame pensar no obxecto como unha prolongación do suxeito que ten o poder de falar del mesmo e de axudar a dito suxeito a redescubrirse a si mesmo.
Son daquelas persoas que aínda cren na individualidade do artista.
S/t. 2009 Fotografía dixital |
S/t. Serie Autorretrato. 2009 Fotografía dixital |
S/t. 2007 Fotografía dixital |
S/t. 2007 Fotografía dixital |