Alba Fandiño

ALBA FANDIÑO
(Betanzos, Coruña, 1980)

Formada en Belas Artes en Pontevedra, actualmente realiza a tese sobre Pintura e leva a cabo proxectos de arte urbano. Becada pola Fundación CIEC, a UIMP e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, acada no 2005 o Premio de Pintura Universidade de Vigo e o Primeiro Premio de Artes Plásticas GzCrea 2008, outorgado pola Xunta de Galicia. Entre outras bolsas e certames, é seleccionada no Premio Nacional de Pintura IX Certamen Nacional de Jóvenes Creadores de Socuellános, en Ciudad Real.Desde o ano 2004 expón a súa obra en diversos espazos: C.C. Deputación de Ourense; Museo de Pontevedra (Cer. Novos Valores); Casa da Parra, Santiago de Compostela; C.C. Caixanova, Pontevedra; Galería IAMA, Madrid; Museo Ramón María Aller, Lalín, Pontevedra; Fundación CIEC, Betanzos, Coruña; Galería Sabor a Menta, Santiago de Compostela; The Brick Lane Gallery, Londres, entre outros.


Catro rombos. 2009
Técnica mixta sobre bastidor de madeira

(…) elaboro outros retratos, a través de elementos subtraídos da cultura popular, daqueles que me resultan próximos: panos que ocultan rostros, que os cinguen, aprisiónanos, iguálanos. Son retratos tamén, ao fin e ao cabo; mostrados a partir dos símiles que establezo coas figuras xeométricas, neste caso, co rombo.

O Museo dos Principiños. 2010
Serigrafía e collage sobre papel Basik de Guarro.
Serie de 10 exemprares. Esta estampa 6/10

 
As fillas dun pintor I. 2010
Serigrafía e collage sobre papel


As fillas dun pintor II. 2010
Serigrafía e collage sobre papel


As fillas dun pintor III. 2010
Serigrafía e collage sobre papel


As fillas dun pintor IV. 2010
Serigrafía e collage sobre papel


As fillas dun pintor V. 2010
Serigrafía e collage sobre papel

Retratarme a través doutros


(…) son retratos: hai faccións, hai expresión, hai defectos, pero son rostros de antano dos que me apropiei, por medio de artistas que son do meu interese. Proveñen doutras épocas; neoclásicos, barrocos, catálogos de exposicións de arte… Son infantes, pequenos rostros inocentes no mellor das súas idades, tapados, cubertos con finas capas de cores, de papeis, de matices, de manchas, de útiles do universo popular, da simboloxía animal. O artista e o demandante do retrato coñecen o destino destes ínfimos xestos aprisionados.

Todo o que me interesa recólloo, recompíloo, cópioo a través doutros.